A industria, preocupada polos cambios na poxa de interrumpibilidade

En Marea cuestiona os cambios e pide explicacións ao Goberno por xerar "incerteza" coa súa decisión.


|

Alcoasancibrao2Instalacións de Alcoa.


En Marea xulgou este luns "irresponsable" o modelo que o Goberno ten previsto deseñar coa modificación do sistema de xestión da interrumpibilidade eléctrica, uns cambios que poñen "en risco" á industria.


En rolda de prensa, tras manter unha reunión con traballadores da planta de Alcoa na Coruña, a deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz anunciou a solicitude de comparecencia urxente do Ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal.


En Marea pide ao ministro que explique o porqué de modificar as regras da poxa de adxudicación do servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade e o período de prestación do servizo.


Ademais da solicitude de comparecencia do ministro, En Marea rexistrou unha batería de preguntas destinadas a coñecer as razóns deste cambio regulatorio.


"MÁIS INCERTEZA"


O Ministerio de Enerxía e Turismo convocou para a semana do 18 ao 22 de decembro a poxa do servizo de interrumpibilidade.


Pero este ano a situación "empeora", pois a poxa de decembro será só para interrumpibilidade dos cinco primeiros meses, en lugar de todo o ano.


Ademais, o prezo de saída e o número de bloques redúcese, o que preocupa ao persoal. "Déixanos máis preocupación, máis inestabilidade e unha gran incerteza", sinalou o presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos Corbacho.


Neste sentido, o sindicalista lamentou a "falta de información" en relación a este cambio, debido a que engade aínda máis incerteza ao custo da enerxía para a industria.


Ante iso, Díaz opinou que o cambio é unha "mala aposta" do Goberno, polo que pide saber "por que o fai e que espera con iso".


relacionada Alcoa sae de perdas nos nove primeiros meses do ano pola subida do aluminio
relacionada Tres días de folga na planta coruñesa de Alcoa polo "bloqueo" do convenio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE