O Centro Galego de Santa Fe celebra os seus 98 aniversarios


|

CentroGallegoSantaFe1 1


Durante anos, a Bos Aires chamóuselle ‘a quinta provincia’ polo alto número de galegos emigrados a Arxentina durante os séculos XIX e XX. Para loitar contra a morriña, os galegos crearon centros para manter vivas as súas raíces e compartir a vida xunto a outros emigrantes. Así naceu, como outros moitos, o Centro Galego de Santa Fe, que estes días celebrou o seu 98 aniversario desde fundación en 1919.


Os santafesinos, moitos deles fillos ou netos de emigrantes galegos, celebraron o acontecemento cunha presentación dos novos paneis da súa Historia Visual. As imaxes foron un percorrido á cidade de Santa Fe nos anos 60 e 70 do pasado século, acompañadas dunha explicación o equipo de traballo encargado de seleccionar as imaxes.


Pero á cita non faltou tampouco a comida e o baile. Á empanada galega acompañouna unha interpretación das Tocatas do Serán de Queimadelos por parte das Cantareiras do Centro Galego e un recital do Grupo Texu Folk Celta, con algúns dos temas máis populares da cultura galega. Ademais, o presidente da institución, Don Manuel López, recibiu de Don Antonio Camacho Gómez, do Centro Andaluz, unha doazón de libros da súa autoría, recentemente publicados. Toda unha celebración para o centro santafesino que segue o seu traxecto cara á conmemoración do seu centenario en 2019.


Centro Galego de Santa Fe


CentroGallegoSantaFe2 1


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE