O Arquivo de Galicia recibe o legado artístico e intelectual do músico Germán Lago

Para recuperar e poñer en valor a súa obra e a súa figura, está en marcha un estudo biográfico cuxa publicación está prevista para o ano 2019.


|

Germanlago



O Arquivo de Galicia recibiu este venres o legado artístico e intelectual do músico galego Germán Lago (Vigo, 1883-Madrid, 1967), que chega á súa terra natal cando se cumpren 50 anos da súa morte.


Entre os materiais doados están correspondencia, fotografías, álbums con anotacións e recortes de prensa, cadernos de partituras, programas de concertos, a colección completa de partituras editadas baixo o título 'Rondalla' e diversa documentación administrativa sobre a Orquestra Ibérica de Madrid, da que foi fundador.


O fondo, a maior parte "inédito", dixo a Xunta, foi doado polos músicos Antonio Navarro e Esther Casado. Ambos os artistas son os actuais integrantes, xunto con Luís Miguel Lara e Pilar Barón, do Cuarteto Aguilar, unha formación de laúdes fundada en 1923 da que Lago foi mentor.


O legado de Germán Lago foi recepcionado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, nun acto que contou coa participación dos doantes do fondo, da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; do guitarrista e investigador Samuel Diz e das subdirectoras xerais de Arquivos e de Bibliotecas, Mariña García Gallina e Cristina Rubal, respectivamente.


POÑER EN VALOR A súa OBRA


Durante a recepción, o secretario xeral destacou o valor do fondo e o interese do material para avanzar no estudo do patrimonio musical galego a través dunha figura "singular" da historia da música da primeira metade do século XX.


Para recuperar e poñer en valor a obra e a figura de Germán Lago, Navarro e Casado están a traballar actualmente, xunto con Samuel Diz, nun estudo biográfico do músico vigués, cuxa publicación está prevista para o ano 2019.


Ademais, para renderlle homenaxe, a Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, acollerán este sábado, ás 12,00 horas, unha relatorio-concerto a cargo de Samuel Diz e do Cuarteto Aguilar.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE