Os voluntarios do Prestige recibirán unha medalla en recoñecemento á súa implicación

O 13 de novembro cúmprense 15 anos do "peor desastre ecolóxico da historia" da Costa da Morte.


|

PrestigechapapotevoluntariosO 13 de novembro cúmprense 15 anos.

O próximo 13 de novembro, cando se cumpre o XV aniversario da catástrofe do Prestige, a Asociación Nacional de Agrupacións e asociacións de Voluntarios de Protección Civil (Anav) fará entrega en Camariñas das Medallas de Recoñecemento ás persoas que participaron no operativo de limpeza das costas do municipio para agradecer a súa implicación e solidariedade.


O Concello de Camariñas expresa así o seu "recoñecemento" a todas as persoas que investiron "o seu tempo e o seu esforzo" para "conseguir que as costas do municipio se recuperasen do peor desastre ecolóxico da súa historia".


Por iso, está aberto o prazo para que os que foron voluntarios na zona e estean no rexistro das 5.468 persoas de 14 países que estiveron en Camariñas hai 15 anos, soliciten a medalla con Distintivo Branco ou con Distintivo Punto Cero, esta última para persoas que prestasen servizos dentro de entidades incluídas no Sistema Nacional de Protección Civil ou Defensa Nacional.


O Concello de Camariñas quere facer tamén un recoñecemento especial ao persoal municipal, ao da agrupación de protección civil de Camariñas e á poboación local que "dedicou naqueles días un tempo de valor incalculable ás tarefas de coordinación dos grupos de voluntarios", ao seu transporte, manutención, aloxamento ou atención sanitaria. Este recoñecemento incluirá a entrega de medallas a título póstumo a algunhas persoas xa falecidas.


relacionada Arco Iris pide executar o diñeiro dispoñible do xuízo do Prestige en rexeneración ambiental

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE