O BNG e En Marea sitúanse contra o encarceramento dos membros cesados do Govern

|

Pontonvillaresfeijoo



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres "liberdade" para o ex vicepresidente da Generalitat e os outros oito ex consellers encarcerados, así como aos presidentes de Òmnium e ANC, Jordi Cuixart e Jordi Sánchez, respectivamente. Ademais, rexeitou que a actuación de Puigdemont sexa unha actitude de "covardía".


Nas súas primeiras palabras en rolda de prensa, a dirixente nacionalista mostrou a súa "solidariedade" e enviou "un abrazo fraterno ao pobo catalán por uns feitos "moi graves" e "intolerables", como son, dixo, a detención dun "goberno democrático". "A primeira vez desde o franquismo", advertiu Pontón, quen alertou de que a actuación ten detrás "unha cuestión de fondo: que a xente poida decidir nas urnas".


A xuízo do BNG, a decisión da xuíza Lamela pon "negro sobre branco" que en España "non funciona a separación de poderes". "Os feitos dinamitan o funcionamento do estado", incidiu a dirixente nacionalista, quen cualificou como "erro democrático" a medida "extrema" da prisión preventiva.


O BNG secunda as concentracións previstas este venres nas principais cidades e vilas de Galicia nun chamamento para facer "fronte común para frear" esta situación. "Fronte a un ataque de tal calibre, os demócratas debemos responder nas rúas", incidiu a dirixente nacionalista, quen considerou que, con todo, é unha "loita de David contra Goliat" porque, detrás están --dixo--, "o Ibex35, a monarquía e o PP, o partido máis corrupto de toda Europa".


DETENCIÓNS POLÍTICAS


Desde En Marea, nun comunicado, a formación considera "de extraordinaria gravidade" de encarcerar a "un goberno elixido democraticamente polo conxunto da cidadanía".


Así, solicitan "a posta en liberdade" dos cargos cesados do Govern e os presidentes de ANC e Omnium Cultural. Consideran estas accións "un novo atentado a democracia", que "non fai máis que enquistar o conflito".


E atribúen ao Partido Pupular un "afán autoritario, totalitario e irresponsable". "A represión non liquida os problemas políticos, só os agrava", reza o comunicado.


GOLPISTAS EXILIADOS


O presidente da Xunta, pola súa banda, defendeu este venres a necesidade de "respectar" a decisión xudicial, xa que a xustiza actúa con "independencia", á vez que reivindicou o "cumprimento da lei" e considerou que a democracia funciona cando os que se exilian son "os golpistas".


En declaracións aos medios por mor da decisión da xuíza da Audiencia Nacional, Núñez Feijóo asegurou que recibiu este auto "con respecto, como demócratas e como cidadáns que saben que o poder xudicial actúa de forma independente".


Con todo, o xefe do Executivo galego admitiu que "non é nada agradable" ver a políticos "no cárcere". "Creo que calquera político non sente satisfeito por ver a colegas seus no cárcere", subliñou, á vez que lembrou "as consecuencias xurídicas dos delitos".


Nesta liña, asegurou que os gobernantes en Cataluña levan "bastante tempo cometendo unha serie de delitos" e de "incumprimentos", así como "dividindo e fracturando á sociedade e facéndoo a conciencia", o que, na súa opinión, levou a esta situación.



relacionada Os ex conselleiros pasan a súa primeira noite repartidos en dous cárceres madrileños
relacionada Prisión provisional para os ex consellers e orde de detención para os que están en Bélxica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress