A seca pon en risco a sete sistemas hidrográficos galegos

|



A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, alertou esta mañá que seis das dezanove zonas hidrográficas de Galicia-Costa atópanse en alerta pola seca. A esta situación hai que engadir que Roberto Rodríguez, responsable de Augas de Galicia, propuxo incluír ao sistema do río Lérez dentro das zonas en alerta por seca, á espera de que o comité ratifique esta decisión o vindeiro martes.


No caso de incluír a zona hidrográfica do Lérez, serían xa sete os sistemas afectados pola seca, aínda que desde Medio Ambiente garanten o abastecemento ás zonas de risco. Con todo, Beatriz Mato remarcou a importancia de que continúen as choivas “de forma intermitente, non torrencial” durante o tempo suficiente para poder garantir a reposición da auga en encoros e o incremento no caudal dos ríos, de onde se abastecen as cidades e poboacións menores respectivamente.


A pesar desta situación, a conselleira lembrou que a comunidade se encontra en este “protocolo de seca” desde 2013, que permite previr e adiantarse aos problemas derivados da seca e que a Xunta traballa diariamente cos municipios das zonas afectadas para “analizar posibles medidas”.


Doutra banda, un dos temas que preocupa coa chegada das choivas é a posible contaminación da auga polas cinzas producidas pola vaga de incendios que azoutou á comunidade autónoma o pasado outubro. A conselleira asegurou que se está realizando “un seguimento intenso desde o primeiro día? e que por agora grazas ás medidas tomadas “non hai ningún perigo de arrastre”. Ademais, incidiu en que as choivas axudarán aos traballos destinados a recuperar o terreo queimado nos montes galegos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress