O RCNS responde as acusacións pola cámara achada nun vestiario
Exterior do Club Náutico de Sanxenxo / Imaxe: RCNS Facebook
O coñecido Club Náutico de Sanxenxo, famoso por ser un dos lugares de recreo predilectos do o rei emérito Xoan Carlos I, viuse sorprendido polas informacións que no día de onte aseguraban que a entidade se enfronta a un proceso xudicial pola detención dun dos seus directivos, acusado de colocar cámaras nun dos vestiarios do club. A mesma información revelaba que sobre o directivo hai aberta unha causa nos xulgados de Cambados que lle atribúe un delito “contra a intimidade das persoas” co agravante de que hai vítimas menores de idade.
A entidade emitiu onte un comunicado no que asegura que, a día de hoxe, “ningún membro da Xunta Directiva está detido” e que se trata dun proceso aberto e denunciado polo propio club en decembro de 2011. Ademais, no comunicado matiza que a suposta cámara era en realidade un teléfono móbil e que inmediatamente despois de coñecer os feitos presentaron unha denuncia ante a Garda Civil, á que lle entregaron o terminal para investigar a súa procedencia.
No comunicado o club remarca que a súa colaboración coa xustiza é total e que polo momento “ou se nos informou de que se puido identificar o propietario do devandito teléfono”. Con todo, na propia nota o club denuncia que este verán recibiu de forma anónima “un DVD con gravacións da mesma época na que sucederon os feitos anteriormente citados xunto cunha nota ameazante” e que despois do sucedido a entidade “presentou unha nova denuncia para que se investigasen os feitos”.
Para terminar, desde o RCNS destacan que nin a Garda Civil nin o xulgado púxose en contacto con eles con novidades sobre o caso e que desde o caso de 2011 "non apareceron cámaras nin ningún outro medio de gravación nas instalacións". A institución insiste que en están dispostos a seguir colaborando coa xustiza para tentar esclarecer os feitos na maior brevidade posible.
Escribe o teu comentario