Os ex conselleiros pasan a súa primeira noite repartidos en dous cárceres madrileños

|

AlcalamecoCentro penal de Alcalá Meco.


Os nove ex conselleiros do Govern catalán enviados este xoves a prisión provisional pola xuíz da Audiencia Nacional Carmen Lamela pasaron a súa primeira noite no cárcere.


E fixérono en dous centros penais madrileños, tras a decisión do Ministerio do Interior de agrupalos en Estremera e Alcalá Meco.


Instituciones Penitenciarias ordeou nun principio que o ex vicepresidente Oriol Junqueras e os outros oito ex conselleiros se repartisen en cinco prisións madrileñas. As citadas fontes explicaron que a decisión se adoptou por "motivos organizativos" tras a autorización da maxistrada Lemela, e coa intención de facilitar a asistencia das defensas.


Desta forma, as ex conselleiras de Asuntos Sociais e Familia Dolors Bassa e de Agricultura, Gandería e Pesca Meritxell Borrás seguirán en Alcalá Meco. Os outros conselleiros, todos homes, farán o propio en Estremera, o centro penal máis moderno dos que dispón a Comunidad de Madrid.


SANTI VILA PAGA A FIANZA


Os avogados do ex conseller de Empresa da Generalitat Santi Vila depositaron a mañá deste venres a fianza de 50.000 euros, co que se prevé que Vila poida abandonar nas próximas horas o cárcere de Estremera de Madrid, onde pernoitou.


Vila é o único dos ex conselleiros que declararon o xoves ao que se lle decretou que podería saír en liberdade baixo fianza porque a xuíza non ve risco de reiteración delituosa xa que "desistiu voluntariamente de proseguir co proceso soberanista" un día antes da declaración de independencia.


Tras pagarse a fianza, Vila previsiblemente quedará sometido ás "medidas aseguratorias" que se fixen nese momento e que supoñerán en todo caso a prohibición de saída de España, a entrega de pasaporte, comparecencias quincenais, fixación dun teléfono onde poder ser localizado inmediatamente e fixación de domicilio.


relacionada Prisión provisional para os ex consellers e orde de detención para os que están en Bélxica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress