Ferreiro nega as "facturas sen control" que denuncia o PP

O alcalde replica ao PP que todos os pagos están "xustificados", pero os populares denúnciano ao Consello de Contas.


|

Ferreirorpcoru


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, negou que existan "facturas sen control" tras denunciar o PP o pago de 352 delas con "reparos de legalidade" o ano pasado e avanzar que este grupo municipal presentará un escrito ao Consello de Contas polo que considera "graves irregularidades".


"Están xustificadísimas", sentenciou Ferreiro en resposta á portavoz do grupo municipal do PP, Rosa Gallego, quen denunciou o pago o ano pasado de 14,5 millóns de euros por parte do goberno en facturas deste tipo.


A preguntas dos xornalistas, vinculou estes pagos, principalmente, cos contratos da recollida de lixo e co de parques e xardíns. Así, o rexedor coruñés recalcou que ambos "son as magnitudes que explican a maior parte dos retardos". A iso, sumou "cuestións de facturas que aparecen cando xa rematou o ano".


CONSELLO DE CONTAS


A portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Rosa Galego, denunciou o pago en 2016 de 14,5 millóns "a maiores" das incluídas nos modificativos levados a pleno.


Por iso, dixo que enviarán un escrito ao Consello de Contas co obxectivo de denunciar o que considerou "graves irregularidades" derivadas das"352 facturas con reparos de legalidade" cuxo pago foi autorizado polo alcalde herculino, Xulio Ferreiro, segundo expuxo.


"É un auténtico escándalo e a mellor mostra da maneira chafalleira de xestionar de Ferreiro, incapaz de licitar e adxudicar os contratos municipais en tempo e forma", apostilou. Tamén precisou que dos 14,5 millóns, 766.000 corresponden ao Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).


Por outra banda, anunciou que, unha vez que o alcalde herculino envíe os reparos ao Consello de Contas, de acordo coa obrigación legal establecido a este respecto, a formación popular enviará un escrito a este organismo "para que adopte medidas se así o considera".


relacionada O PP di que A Coruña "perde músculo" e Ferreiro critica que desprestixian a cidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE