Os falecidos en accidentes de tráfico aumentaron un 57% en Galicia en outubro

|

Accidentecarreterabomberos

Vehiculo sinistrado


Un total de 11 persoas faleceron nas estradas galegas en accidentes de tráfico durante o mes de outubro, o que supón un 57% máis que no mesmo mes do ano anterior.


Así o evidencian as estatísticas publicadas este xoves pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e segundo as cales durante o mes de outubro producíronse en Galicia 11 accidentes mortais, que causaron outras tantas vítimas, un 57,1% máis que hai un ano.


Por provincias, seis dos accidentes foron en A Coruña, e neles faleceron seis persoas, a mesma cifra que en outubro de 2016. Pola súa banda, en Pontevedra morreron tres persoas en tres accidentes e en Lugo e Ourense rexistrouse un falecido en cada provincia.


Seis dos accidentes mortais foron colisións, un atropelo, un envorco e tres accidentes doutro tipo. Así mesmo, en tres ocasiones houbo saídas de vía.


En canto ás vítimas, tres tiñan entre 46 e 55 anos, dous entre 36 e 45, dous entre 56 e 65 e outras dúas eran maiores de 65 anos. As dúas vítimas restantes eran menores de 35 anos.


No que vai de ano producíronse nas estradas galegas 63 accidentes mortais, un 20% menos que hai un ano; e 68 falecidos, o que supón un 17% máis que nos primeiros 10 meses de 2016. O de outubro foi o mes con máis número de accidentes mortais na comunidade, seguido de xuño, cando se produciron 10.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress