O Auditorio de Galicia acolle o quinto cume anual de guionistas

O guionista de 'El orfanato' e 'El imposible', Sergio G. Sánchez, abre este encontro.


|

Guionistas


O guionista e director ovetense Sergio G. Sánchez será o encargado de abrir a quinta edición do 'Encontro de guionistas', este xoves 2 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.


O autor de obras como 'El imposible' e 'El orfanato' repasará, xunto a Ana Hormaetxea (presidenta do Foro de Asociacións de Guionistas Audiovisuais), a súa andaina profesional e, en especial, o seu novo título, 'El secreto de Marrowbone' (2017).


O obxectivo é atopar as claves para escribir películas con vocación internacional, que traspasen fronteiras, segundo destaca a través dunha nota de prensa a Fundación SGAE, que impulsa o cume anual do sector.


Tras a inauguración deste xoves, o encontro de guionistas desenvolverase, en horario de mañá e tarde, durante o venres 3 e o sábado 4. Os socios da SGAE teñen un prezo de matrícula bonificado de 40 euros por dúas xornadas e 25 euros unha.


O venres, Rafa Cobos ('Grupo 7', 'La isla mínima') e Gema R. Neira ('Velvet'; 'Las chicas del cable') explicarán a súa experiencia e modo de traballo ao escribir para plataformas como Movistar+ e Netflix.


Diego Sotelo ('Fariña', 'Sen tetas non hai paraíso') e Carlos G. Miranda ('El internado', 'Los protegidos') explicarán o proceso que vai do libro ao guión audiovisual.


E, entre outros relatorios, David Kavanagh (director da Federation of Screenwriters of Europe) falará tamén da situación do oficio de guionista en Europa.


O sábado 4, o encontro chegará ao seu fin con debates sobre os 'reality shows', as claves de formatos de éxito nas televisións autonómicas e unha conversación con Olatz Arroyo ('Allí abajo', 'Yo soy Bea') e Marta Sánchez ('7 vidas', 'Aída') acerca da perspectiva da muller como escritora de comedia, entre outros asuntos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE