As illas atlánticas recibiron a 327.000 visitantes este verán, un 2,4% máis

O maior aumento deuse en Ons, onde acudiron unhas 6.000 persoas máis.


|

Ciesisla


O parque nacional marítimo terrestre das illas atlánticas de Galicia recibiu nos meses de verán (xullo, agosto e setembro) a 327.149 visitantes, o que se traduce nun incremento dun 2,4% con case 8.000 persoas máis que nos mesmos meses de 2016.


O parque nacional, formado polas illas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, que suman unha extensión de case 1.200 hectáreas terrestres e unhas 7.300 de superficie marítima, foron visitados no mesmo período do ano pasado por un total de 319.296 persoas.


Por arquipélagos, un ano máis as illas Cíes foron as máis visitadas, dado que nos tres meses de verán rexistraron unha ocupación total de 216.975 persoas, unha cifra similar á de 2016, cando se contabilizaron 213.690 visitantes, o que representa un incremento de 1,5%.


O aumento de visitantes deste verán ao parque nacional débese en boa medida, segundo explica a Xunta nun comunicado de prensa, ao incremento experimentado en Ons, que rexistrou un aumento de máis de 6.000 visitantes, xa que entre xullo e setembro 88.306 persoas desembarcaron na illa, fronte ás 82.104 de 2016.


Pola súa banda, as illas de Sálvora e Cortegada, a pesar de rexistrar cifras similares ás de 2016, experimentaron un descenso no número de visitantes; leve, no caso de Sálvora, cun total de 7.261 persoas (14 menos que no pasado ano), e dun 7,5% no caso de Cortegada, con menos de 6.500 persoas, fonte aos 7.433 rexistrados entre xullo e setembro de 2016.


MÁIS DE 400.000 VISITAS


Tendo en conta da afluencia no que vai de ano, as illas do parque nacional xa superaron a barreira dos 400.000 visitantes, así como a cifra rexistrada no global de 2016 (400.465), xa que a data do 30 de setembro de 2017 un total de 427.610 persoas visitaron algunha das catro illas do parque, un 6,7% máis.


Á espera de pechar os datos anuais, a cifra actual de visitantes de Cíes e Ons é similar á rexistrada en 2016, con menos de 300.000 no caso de Cíes e menos de 100.000 en Ons; mentres que Sálvora rexistrou un incremento do 28% ao contabilizarse 13.980 visitas nos nove primeiros meses de 2017 (fronte ás 10.914 en todo o ano 2016) e Cortegada sitúase nos 10.073 no que vai de ano.


relacionada Taxa para as embarcacións de recreo que vaian ás Illas Atlánticas
relacionada O parque nacional das Illas Atlánticas recibe o selo 'Observer' de turismo científico
relacionada Necesítanse case 100 barcos para recoller o lixo que se acumulou nas Cíes este ano
relacionada Multa de 930.000 euros ás navieiras das Illas Cíes polos tres días de 'overbooking'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE