Carmela Silva rexeita explicar os seus orzamentos no Parlamento polo trato recibido en 2016

|

Carmelasilvadepo


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu unha carta ao Parlamento autonómico na que declina explicar os orzamentos da institución provincial nesa sede, unha actuación que, aínda que non é obrigatoria por lei, si se levou a cabo de forma ininterrompida desde hai unha década. De feito, hai que remontarse a inicios do Goberno bipartito, cando se opuxeron a ir á sede do Lexislativo galego os presidentes populares de Lugo, Ourense e Pontevedra.


Carmela Silva diríxese ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, na súa misiva. Nela, á marxe da cuestión de autonomía local, expresa o seu "malestar" polo trato recibido na comparecencia do pasado ano 2016, cando si acudiu á Cámara, do mesmo xeito que o fixo en 2015.


De feito, lembra na actual carta que, no seu día tamén enviou unha misiva da que "non se obtivo resposta, nin sequera unha desculpa", que pide por verse "sometida a ataques políticos por parte do Partido Popular que nada tiña que ver con contido dos orzamentos".


DISCUSIÓN


A tensión daquela comisión orzamentaria na Cámara galega, celebrada en decembro de 2016 e que nese momento presidía a popular Cristina Romero arrincou tras a intervención do deputado do PP Alberto Pazos Couñago.


O parlamentario popular acusou a Silva de impoñer o "silencio" nunha especie de "lei da omertá" --a lei do silencio da mafia siciliana-- a quen discrepa con ela na política. "Vostedes minten e tentan ocultar unha xestión vergoñosa, clientelar e caciquil", rreplicoulle, naquel momento, Carmela Silva.


SILVA OFRECE COLABORACIÓN


Na súa misiva deste mes de outubro, e á marxe dos argumentos esgrimidos para non acudir á sede parlamentaria o vindeiro venres día 3 de novembro --cando estaba citada--, Carmela Silva manifesta a súa "disposición" co presidente da Xunta.


"Por lealdade institucional" para "cantas reunións considere oportunas", di na carta. "En favor da potenciación, posta en valor e crecemento da provincia de Pontevedra, que é unha das áreas territoriais de Galicia con maior potencial industrial, turístico e económico", engade.


"DESPREZO"


O deputado do grupo popular Alberto Pazos criticou "a covardía política e desprezo ao principio constitucional de colaboración entre administracións" que, ao seu xuízo, mostra Carmela Silva coa súa renuncia.


Pazos lembrou, ademais, que actualmente, a comisión de economía da Cámara autonómica na que se debaten os orzamentos está presidida por un deputado socialista.


relacionada Silva reclama a Rueda que explique se comprou desde a Xunta a moción de censura en Tui
relacionada Carmela Silva, aberta "a estudar os pros e os contras" dunha taxa turística
relacionada Silva fai balance do seu mandato: "Máis equidade e máis servizos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress