Intervidas máis de 1.500 paquetes de tabaco de contrabando en Peinador

Levábaas un pasaxeiro na equipaxe facturada, directamente sen dobres fondos.


|

Tabacocontrabando 1Tabaco aprehendido en Peinador.


A Garda Civil, en colaboración con axentes da unidade de análise de riscos da Aduana de Vigo, interviñeron no aeroporto de Vigo 1.637 paquetes de tabaco de contrabando que levaba na súa equipaxe un viaxeiro procedente de Angola.


Os feitos tiveron lugar a última fin de semana cando os efectivos do destacamento fiscal da Garda Civil que presta servizo no aeroporto de Peinador interceptaron, coa colaboración dos axentes da mencionada unidade, dúas maletas sospeitosas no control aduaneiro da equipaxe que viña facturada nun voo procedente de Lisboa.


Ao comprobar o contido das maletas, segundo explica a Benemérita, incautáronse un total de 1.637 paquetes de tabaco da marca 'Pal Mall', que viñan dispostas na equipaxe, sen dobres fondos e sen as preceptivas precintas fiscais.


As maletas foran facturadas en Angola a nome dun pasaxeiro de nacionalidade angoleña, que foi identificado e denunciado ante a administración de aduanas e impostos especiais de Vigo como suposto autor dunha infracción administrativa de contrabando.


O tabaco aprehendido, cuxo valor no mercado supera os 6.875 euros, "podería ter como destino final o mercado portugués", segundo a Garda Civil.


relacionada O 4,5% do tabaco que se consome en Galicia procede do contrabando

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE