A CIG-Saúde xustifica a folga porque "non se solucionou ningún conflito"

|

Fonendomedicosanitario 1 1


A CIG-Saúde pide "respecto absoluto" á convocatoria de folga na sanidade galega para o 2 e 3 de novembro que mantén en solitario este sindicato para reivindicar a recuperación dos acordos asinados en 2010 para o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas), polo que espera que "a Administración tome conciencia de que isto non terminou".


Así o destacou a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen insistiu en que "non se solucionou ningún conflito". "Desde 2010 suspendéronse inxustamente os acordos e o argumento da crise foi o perfecto para suspender recoñecementos históricos", lamentou para avogar por "loitar para cambiar estes comportamentos".


"Non se nos pode seguir insultando", considera a CIG-Saúde sobre a situación dos traballadores do Sergas. "Non é de recibo que nos sigan penalizando cando noutros ámbitos se asinaron acordos de equiparación salarial", reivindica Abuín.


Neste sentido, a CIG-Saúde lembra que teñen "un acordo pactado con cantidades e prazos de 2010 e non o cumpren", reprochou tras lembrar que a Administración deu por superada a crise económica.


SERVIZOS MÍNIMOS "ALTÍSIMOS"


Así, tras considerar "altísimos" os servizos mínimos decretados pola Administración con motivo da folga, chama a secundar os paros do 2 e 3 de novembro, aos que están convocados todos os traballadores do Sergas, e a participar o venres ás 11,00 horas na concentración convocada diante da Consellería de Sanidade.


Ademais, para a xornada do xoves 2 de novembro, a CIG indicou que se celebrarán asembleas abertas informativas en cada centro sanitario.


relacionada A CIG mantén a convocatoria de folga na sanidade o 2 e 3 de novembro
relacionada Desconvocada a folga de facultativos da semana que vén ao lograr un acordo co Sergas
relacionada Traballadores sanitarios esixen ao Sergas a recuperación dos seus dereitos laborais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress