Puigdemont rexeita comparecer na Audiencia Nacional e planea impugnar a súa extradición

|

Puigdemontcoche

Puigdemont segue en Bélxica.


Paul Bekaert, o avogado belga do ex presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont, afirmou que o seu cliente non ten pensado ir á Audiencia Nacional, a pesar de que foi citado como imputado para este xoves, e propuxo que declare en Bélxica, onde se atopa actualmente.


Bekaert dixo este mércores á axencia Associated Press que Puigdemont "non vai ir a Madrid". "Pode ser interrogado aquí, está previsto legalmente", asegurou o avogado, que sinalou que de momento non se emitiu ningunha orde de arresto contra o presidente catalán destituído.


Con todo, o ex presidente autonómico continúa en Bélxica e, segundo o seu avogado, a estratexia de defensa centrarase en impugnar calquera hipotética petición de extradición que poida presentar España.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada O Goberno, satisfeito con que Puigdemont recoñeza a legalidade das eleccións
relacionada Puigdemont: "Asumimos as eleccións de decembro como un reto democrático"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress