"O galego ten palabras moi difíciles", usado como escusa para impoñer o castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que FADEMGA vulnera os dereitos lingüísticos do seu alumnado.


|

FademgagalExtracto das normas da proba. Foto: A Mesa


A Mesa pola Normalización Lingüística tramitou unha queixa ante a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) pola "grave vulneración de dereitos lingüísticos básicos do seu alumnado".


Tal e como informa a entidade nun comunicado, a Federación imparte cursos de formación nos que se facilita ao alumnado unha copia do exame en galego e outra en castelán. "Con todo, nas normas para a realización da proba indícase que unicamente se realice en castelán", destacan.


O argumento para esta indicación, tal e como traslada A Mesa, di que "estivestes estudando e facendo actividades en castelán. O modelo en galego ten palabras moi difíciles".


A entidade defensora da lingua galega ve nestes feitos "un evidente caso de vulneración" dos dereitos lingüísticos.


O seu presidente, Marcos Maceira, apunta que actuarán para acabar con estas actitudes, nas que ven "un desprezo á nosa lingua e cultura". Ademais, animan á cidadanía a denunciar situacións semellantes.


relacionada A Mesa reclama a dimisión da Valedora pola súa "visión ideolóxica e sectaria" do galego
relacionada As máis de 27.000 firmas da ILP da Mesa chegan ao Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE