A CIG mantén a convocatoria de folga na sanidade o 2 e 3 de novembro

O resto de sindicatos descólganse, porque ven "positivo" o acordo co Sergas, pero a central nacionalista ve "máis sombras que luces"


|

Sindicatossanidadsergas



A CIG-Saúde manterá en solitario a convocatoria de folga na sanidade galega para os días 2 e 3 de novembro despois de que os outros cinco sindicatos cos que conformaba a plataforma sindical convocante --CC.OO., CSIF, SAE, Satse e UXT-- se descolgasen a raíz do acordo alcanzado o venres co Sergas sobre a Carreira Profesional Ordinaria.


En declaracións a Europa Press, a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, ratificou que tras a reunión mantida na mañá deste luns seguen adiante coa folga "porque non hai ningún motivo para desconvocar".


"O obxectivo segue vixente", reafirmou Abuín, que reiterou que se centra en lograr "un calendario de negociación que non existe" para recuperar os acordos suspendidos desde 2010. Así, lamentou que os outros sindicatos e o Sergas alcanzaron "só un compromiso de calendario de negociación sobre a Carreira Profesional".


Para CIG-Saúde, o acordo alcanzado o venres polas outras centrais sindicais co Sergas "ten máis sombras que luces", mentres que o resto de sindicatos o ven "positivo", aínda que sosteñen que "quedan materias por abordar".


En rolda de prensa conxunta, os sindicatos CC.OO., CSIF, SAE, Satse e UXT explicaron que lograron "cuestións importantes" relativas á Carreira Profesional. "Chegamos a un acordo, somos conscientes de que quedan materias por abordar", subliñou Ángel Cameselle de CC.OO., quen apuntou a vontade de "chegar a acordos".


ACORDO PARCIAL


"Non renunciamos a seguir conseguindo melloras", apostilou Ángel Camelle na súa intervención, para abundar que "é un acordo positivo, aínda que parcial".


Nesta liña, Javier Martínez de UXT lembrou que a Carreira Profesional "estaba a provocar un grave problema de desigualdade" entre profesionais, polo que cualificou este tema como "elemento substancial". Ademais, defendeu que se aborde o "problema de permisos e licenzas" para que están "homoxeneizadas" entre o persoal do Sergas.


Ademais, recalcou que non renuncian ao "acordo retributivo de equiparación" suspendido desde 2010, pero apostou, como outras centrais sindicais, por "priorizar".


Os cinco sindicatos convocantes da rolda de prensa conxunta deste luns coincidiron en rexeitar a reforma da Lei de saúde de Galicia, polo que valoran que se vaian tratar aspectos da mesma na Mesa Sectorial, como outras reivindicacións realizadas ata a data pola plataforma sindical que quedou sen efecto.


Así, Carmen García de Satse asegurou que irán "abrindo oco" para "outros aspectos de mellora" do persoal do Sergas, á vez que considerou "positivo" o acordo alcanzado o venres.


Tamén Carolina Moldes, de CSIF, valorou este acordo sobre un aspecto "moi sensible" como a Carreira Profesional. "É un bo acordo, menos é nada", matizou. Por parte de SAE, Pilar López recalcou que "era algo primordial" e eloxiou que se lograse conseguir "desbloquear a falta de diálogo".


relacionada Desconvocada a folga de facultativos da semana que vén ao lograr un acordo co Sergas
relacionada Desconvocada a folga de facultativos da semana que vén ao lograr un acordo co Sergas
relacionada Traballadores sanitarios esixen ao Sergas a recuperación dos seus dereitos laborais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE