Prisión provisional para o detido por un atropelo intencionado

A policía ten información dun "encontrón previo" entre o condutor e as vítimas.


|

Juzgadopoliciafurgon




O xulgado de garda da Coruña decretou prisión provisional comunicada e sen fianza, por un suposto delito de homicidio, para o mozo detido como autor dun atropelo mortal este sábado, segundo informaron fontes xudiciais.


En concreto, o suceso tivo lugar ás 5,10 horas da madrugada do sábado no paseo marítimo coruñés. Alí tres mozos cruzaban a vía de Barrié de la Maza cando un vehículo, que circulaba en sentido contrario, cambiou a traxectoria do coche e arroiou as vítimas, para despois darse á fuga.


Dos tres mozos, un rexistrou feridas leves e outro resultou ileso, pero o terceiro deles (J.B. de 24 anos e de orixe magrebí) tivo que ser trasladado en estado crítico ao CHUAC e finalmente faleceu.


Unha dotación policial localizou o condutor fuxido á altura da Estación de Ferrocarril, onde deu positivo na proba de alcoholemia.


Fontes policiais sinalaron que existen "bastantes indicios" da intencionalidade do atropelo, por imaxes das cámaras de Tráfico, o testemuño de testemuñas e a constatación de "un encontrón previo" entre o condutor e as vítimas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE