O fiscal reclama que a Xustiza cite "con carácter urxente" aos membros cesados do Govern

A Fiscalía presenta querelas por rebelión, sedición, malversación de caudais públicos contra o Executivo e os membros da Mesa do Parlament.


|

GoverncatalanMembros cesados do Govern.


O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, anunciou que este luns se presentaron senllas querelas por delitos de rebelión, sedición, malversación de caudais públicos e outros anexos contra Puigdemont e o resto de persoas que integraban o seu equipo de goberno e tamén contra os membros da Mesa do Parlamento de Cataluña que o pasado venres participaron na declaración unilateral de independencia. A primeira interpúxose ante a Audiencia Nacional e a segunda ante o Tribunal Supremo.


Nas querelas, o Ministerio Público menciona expresamente que se proceda á citación dos querellados con carácter urxente para tomarlles declaración como investigados para valorar a adopción das medidas cautelares de carácter persoal, tendo en conta a "gravidade dos feitos" e dos delitos imputados.


Engade, que tras a admisión a trámite de senllas querelas se acorden as medidas cautelares pertinentes para o aseguramiento da fianza de responsabilidade civil, que no caso dos membros do Govern ascenden a 6,2 millóns de euros.


Ten máis detalles a información de Catalunyapress.


MEDIO GOVERN, EN BÉLXICA


Puigdemont atópase este luns en Bruxelas, xunto cos ex conselleiros Joaquim Forn, Meritxell Borràs, Meritxell Serret, Dolors Bassa e Antoni Comin.


A viaxe produciuse só un día despois de que o secretario de Estado de Asilo e Migración belga, Theo Francken, provocase unha polémica ao abrir a porta á concesión de asilo ao 'ex president', oferta que foi pouco despois negada polo primeiro ministro, Charles Michel, quen aseguro que o asunto "non está na axenda" do seu Goberno.


O PARLAMENT ESTÁ DISOLTO


Mentres, a presidenta do Parlament, Carme Forcadell, desconvocou a reunión da Mesa prevista para o martes ás 10 horas porque a Cámana "se disolveu", o que significa que Forcadell asumiu a orde de Rajoy, segundo explicaron fontes parlamentarias.


Fontes da presidencia da cámara constataron que Forcadell "sempre deixou claro que nunca poñerá en risco os funcionarios e traballadores" do Parlament e que seguirá priorizándoo así, polo que toda medida que tome cumprirá con esta premisa.


Segue lendo en Catalunyapress.


ACOMPAÑADOS POR MOSSOS


eOs Mossos d'Esquadra teñen orde de levantar atestado se os ex conselleiros da Generalitat de Cataluña, cesados en aplicación do artigo 155 da Constitución, se negan a abandonar os despachos, segundo informaron fontes do Goberno.


A instrución que recibiu a policía autonómica catalá é que permitan pasar a cada conselleiro cesado ao seu despacho para recoller as súas cousas. Terano que facer acompañados dun axente, segundo o protocolo que estableceu o Executivo Central para esta mañá.


Pero se se negan a irse do que foi ata o venres o seu lugar de traballo, o axente ten instrución de levantar atestado para ser remitido posteriormente ao Xulgado. O Goberno xa advertira de que os cesados que tenten seguir exercendo o cargo do que foron destituídos poden incorrer nun delito de usurpación de funcións.


Precisamente o Conselleiro cesado de Territorio, Josep Rull, acudiu esta mañá ao seu despacho na Consellería asegurando que o facía para "exercer as responsabilidades" que ten encomendadas, a pesar da aplicación do 155 da Constitución, que comportou o cesamento de todo o Goberno catalán.


Anunciouno nun apuntamento en Twitter, no que engadiu unha fotografía no seu despacho colgada ás 9.15 horas coa mensaxe: "No despacho, exercendo as responsabilidades que nos encomendou o pobo de Catalunya. #Seguimos".


O Goberno non tardou en dar resposta a esta actitude. O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, advertiulle de que pode incorrer en varios delitos, entre eles, o de usurpación de funcións.


relacionada Rajoy cesa o Goberno catalán e convoca eleccións autonómicas para o 21 de decembro
relacionada Rajoy delega en Sáenz de Santamaría as funcións da presidencia de Cataluña
relacionada Puigdemont non asume o cesamento e pide aos cataláns defender a independencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE