As estatuas de Abraham e Isaac serán Ben de Interese Cultural

A Xunta inicia os trámites para declarar BIC as esculturas espoliadas pola familia Franco e que reclama o Concello de Santiago.


|

Mestremateoestatuasprado


A Xunta iniciou os trámites para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) as estatuas do Mestre Mateo que representan os profetas Abraham e Isaac e que, na actualidade, son propiedade da familia do ditador Francisco Franco.


Este sábado, o Goberno galego sinalou que as esculturas, que orixinalmente pertencían á desparecida fachada exterior do Pórtico da Gloria, "acreditan o valor suficiente para ser declarados bens de interese cultural".


Así, a proposta para declarar oficialmente a súa protección farase "de forma individual" e non como colección debido "á súa orixe diversa". "O procedemento iniciarase motivado polo excepcional valor histórico-artístico que sen dúbida posúen", sinala o comunicado.


Así mesmo, a Xunta aclara que a declaración de BIC "é un recoñecemento de valor cultural que non afecta á titularidade do ben e que supón para os seus propietarios o deber de habilitar catro días de visita ao mes".


Na actualidade, as pezas escultóricas de Abraham e Isaac exhíbense nunha mostra sobre o Mestre Mateo instalada desde hai dous meses na Catedral de Santiago logo de pasar polo madrileño Museo do Prado con gran éxito de público.


SANTIAGO RECLAMA A TITULARIDADE


O pasado venres, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou o inicio de o procedemento xudicial contra a familia Franco para reclamar a devolución das citadas esculturas do Pórtico da Gloria que obran no seu poder.


A Xunta de Goberno do Concello de Santiago acordou na súa reunión do venres o iniciar unha "acción reivindicatoria pola vía civil" contra a familia Franco y Polo para demandar a devolución das esculturas de Isaac e Abraham, ambas as relacionadas co taller do Mestre Mateo.


relacionada Comeza a batalla xudicial polas estatuas en mans dos Franco
relacionada Noriega: "Cos que rouban patrimonio non se pode negociar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE