Incautan o maior alixo de metanfetamina intervido na Coruña

O xefe da rede de tráfico de drogas tiña "medidas de seguridade propias da delincuencia organizada de alto nivel".


|

DrogacocainametanfetaminaIncautación da Operación Sovietic.

Un total de catro persoas foron detidas no marco da Operación Sovietic contra o tráfico de drogas que se desenvolveu por parte do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Comandancia da Coruña. No operativo rexistrouse unha vivenda vinculada ao considerado 'xefe' da trama.


Ademais, segundo informa a Garda Civil, no transcurso do operativo incautáronse catro quilos de cocaína de alta pureza e de 400 gramos de metanfetamina, ademais de diversos instrumentos habitualmente empregados para a adulteración, prensado e distribución da droga; máis de 23.000 euros en efectivo e catro vehículos, dos cales, tres son de alta gama propiedade dos arrestados.


Da aprehensión realizada, ademais da importante cantidade de cocaína intervida, destacan os 400 gramos de metanfetamina, "cantidade nunca intervida antes na provincia da Coruña", explican as mesmas fontes.


A fabricación desta droga estimulante require unha gran especialización, realizándose unicamente en "laboratorios clandestinos especializados", xeralmente situados no norte Europa. Esta droga crea adicción con tan só uns poucos episodios de consumo.


A aprehensión de metanfetamina adóitase realizar en pequenas cantidades, xa en posesión dos consumidores finais, "motivo polo cal, resulta de gran importancia a súa aprehensión", destaca a Garda Civil. En relación co anterior, a dose de consumo habitual sitúase entre os 5 e 10 miligramos, o que dá unha idea da significativa cantidade aprehendida.


"INTENSAS INVESTIGACIÓNS"


A Garda Civil destaca que a actuación é consecuencia das "intensas investigacións" que os membros deste corpo de seguridade realizaron durante máis de oito meses, despois de que se detectase un "importante punto de distribución almacenista ou de intermediación de importantes partidas de substancias estupefacientes, principalmente cocaína".


O 'xefe', un mozo de 28 anos con identidade P.S.C., e orixinario de Lugo, asentouse na provincia da Coruña "co propósito de pasar desapercibido e distribuír notables cantidades de droga".


A pesar de carecer de antecedentes policiais o principal investigado, as pescudas víronse especialmente dificultadas pola adopción, por parte desta persoa, "de medidas de seguridade propias da delincuencia organizada de alto nivel". Así, "recorría a avanzados sistemas e medios tecnolóxicos", encamiñados a evitar a súa detección, seguimento e control policial, entre os que destacan, o inhibidor de frecuencias intervido.


O resto de detidos son: M.L.P, de 31 anos de idade; D.R.C. de 33 anos de idade; e J.C.Q. de orixe colombiana, de 27 anos. Todos eles son residentes na cidade da Coruña e desenvolvían un papel no chanzo inmediatamente inferior "e non menos importante", dentro da rede de distribución.


DIFICULTADE DE GRANDES CANTIDADES


Os investigadores destacaron que, debido á dinámica habitual do tráfico medio de substancias estupefacientes, "resulta moi difícil a aprehensión de grandes partidas de droga", xa que este nivel do tráfico de drogas baséase, principalmente, "máis na repetición das operativas de intermediación que na provisión de importantes cantidades de droga".


Desta forma, "normalmente só dispoñen daquelas que poidan necesitar de maneira urxente ou que vaian ser vendidas a curto prazo". A Garda Civil indicou que "onde adoita evidenciarse de forma máis clara a superioridade e capacidade dos integrantes destas redes, adoita ser na posesión de grandes cantidades de diñeiro en efectivo e un alto nivel de vida", o que explicaría nesta ocasión a incautación dunha importante cantidade de diñeiro e de varios vehículos de alta gama.


Os catro detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 8 dos da Coruña, en funcións de Garda.


relacionada 880 quilos de coca incautados nun operativo antidroga no sur de Galicia
relacionada Os narcos de Arousa tiñan un laboratorio e vendían a cocaína tamén en Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE