Carolina Bescansa defende os debates en aberto porque "as ideas non son trapos sucios"

A ex dirixente e deputada de Podemos di que "no ADN" da súa formación está expresarse en público.


|

Carolinabescansa 1Carolina Bescansa responde en Twitter.


A ex dirixente e deputada de Podemos, Carolina Bescansa, defendeu que "debater abertamente" forma parte do "ADN de Podemos", despois de que a dirección do seu partido rexeitase o seu comportamento, por plasmar nos medios de comunicación as súas críticas á estratexia que está a seguir a formación en Cataluña.


"As ideas non son trapos sucios. Debater abertamente e acordar propostas entre todas e todos é o ADN de Podemos", asegurou Bescansa nunha mensaxe difundida nas redes sociais este xoves, un día despois de que a portavoz de Podemos no Congreso, Irene Montero, a acusase de airear publicamente as súas críticas.



Bescansa afirmou o mércores en declaracións aos medios de comunicación que lle gustaría un Podemos "que lle falase máis aos españois e non só aos independentistas", en liña coas opinións que xa manifestara tanto nos debates internos da formación como nun artigo de análise.


COMISIÓN CONSTITUCIONAL


As súas declaracións producíronse un día despois de facerse público que a dirección do seu grupo parlamentario decidira substituíla na Comisión Constitucional do Congreso, a cambio de Montero, co argumento de que a relevancia deste órgano require que nel estean os dirixentes elixidos polos inscritos do partido para estar nos espazos de toma de decisións, e Bescansa xa non é dirixente.


relacionada Carolina Bescansa, apartada da comisión constitucional pola súa postura sobre Cataluña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE