Agromuralla empeza a repartir forraxe ás granxas con máis apuros
Entre a seca e os incendios, o inverno prevese especialmente duro para numerosas granxas, que se ven escasas de forraxe para alimentar o gando.
Entre a seca e os incendios, o inverno prevese especialmente duro para numerosas granxas, que se ven escasas de forraxe para alimentar o gando.
Ante esta situación, a asociación Agromuralla, lanzou unha campaña de provisión de forraxe, que comezou a facer chegar directamente ás granxas con maior urxencia.
Agromuralla relata que coordinan este labor con outras asociacións que traballan no mesmo ámbito. E lembra aos que non poidan achegar forraxe, que si poden facer algunha doazón económica. "Por pouco que sexa, sempre servirá de axuda", destacan.
Escribe o teu comentario