Dez días de "fin de festa" para celebrar o XL aniversario do Museo do Pobo Galego

Desde este mércores o centro compostelán conmemora as catro décadas de vida cun programa de actividades diversas.


|

Museopobogalego


O Museo do Pobo Galego organiza entre este mércores, día 25, e o 3 de novembro, un "fin de festa" para a celebración do seu 40 aniversario, con 10 días nos que o centro compostelán albergará distintas actividades.


En concreto, o acto institucional por estas catro décadas de vida será o sábado, día 28, ás 12,00 horas, cunha asemblea extraordinaria do padroado aberta ao público. A mesma xornada, o percusionista Roberto Oliveira realizará unha intervención musical a partir das 19,00 horas sobre seis pezas do Museo.


Ademais, dentro deste programa de actividades, o Museo converterase este mércores nun "estudo aberto" no que tres artistas realizarán, durante toda a xornada, unha intervención en contacto coa colección.


Así, Pilar Alonso, Federico Fernández e Marc Taeger, ofrecerán as súas lecturas particulares e alternativas sobre obxectos tradicionais da colección do MPG.


SESIÓNS DA MEMORIA


O xoves e venres será a quenda das Sesións da Memoria, nas que distintas persoas contarán diante dunha cámara as historias asociadas a diferentes pezas, libros, espazos e accións que encheron este centro nalgún momento das súas catro décadas de vida.


O domingo, a partir das 11,00 horas, o arquitecto Alex F. Palicio e o arquitecto técnico Manuel Caamaño Suárez impartirán un taller de construción con arxila e fibras naturais en relación co patrimonio vernáculo; mentres que o luns, día 30, o MPG acollerá un taller de demostración de cestería contemporánea a cargo de Idoia Costa.


A Canalla, proxecto ético e sustentable de creación téxtil, protagonizará a sesión do martes 31, a partir das 17,00 horas. Baixo o título 'MiñasMansSonaMiñaPatria', profundarán na indumentaria tradicional e en como trasladan a pezas de deseño contemporáneo as súas estruturas.


ACTIVIDADES EN NOVEMBRO


En novembro, o día 1, o Museo do Pobo Galego acollerá o taller 'Un prato na mesa', a cargo das ceramistas Verónica Pérez Torres e Suso Dobao Abal; e o día 2 será a quenda de Íñigo Echenique, enxeñeiro naval, que falará sobre construción naval nun taller destinado a docentes.


Para o día 3, o Museo organizou cinco pases de 15 minutos do teatro de inmersión 'Cosendo Redes', a cargo de Paula Carballeira. Na mesma xornada, pechará as actividades unha cata e taller de conservación de produtos mariños con Manuel Loureiro, de Conservas Lou; Irmás Lojo, de Conservas Sotavento; e José Luis Escalante, director do espazo museístico Salgadeiras de Moreiras no Grove.


relacionada O Museo do Pobo Galego acollerá unha exposición sobre os "artesáns do ferro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE