Buscan a un septuaxenario que leva desaparecido desde o domingo

A policía de Ourense centra a procura na contorna do río Loña, por onde o home adoita pasear.


|

PonteloniaourensePonte sobre o río Loña.

A Policía de Ourense busca a un home de 70 anos, Serafín C.B., que leva desaparecido desde o pasado domingo ás 16,00 horas, cando saíu do seu domicilio coa intención de realizar o seu habitual paseo pola zona do Río Loña.


O home supostamente saíu da súa casa sen a carteira e sen levar o teléfono móbil, tan só coas chaves da vivenda. Fontes próximas á investigación sinalaron que se trata dunha "desaparición de risco" tanto pola idade do suxeito, como porque pode sufrir unha depresión.


Tras a denuncia de desaparición realizada polos seus familiares o luns, os investigadores centraron a procura en hospitais e centros médicos da cidade, e os bombeiros peitearon a zona en torno ao Río Loña sen resultados positivos.


Este mércores, ao mediodía, está previsto que a procura se amplíe coa colaboración de helicóptero e unha moto acuática da Policía desprazados desde A Coruña. Ás tarefas de rastrexo unirase un equipo de Protección Civil.


Está previsto que se inspeccione a zona comprendida entre o encoro de Velle e a cola do encoro de Castrelo de Miño. Por terra rastrexarase a área entre as vías do tren e a presa de Velle.


relacionada Atopan "en perfecto estado" a menor de Ponteareas desaparecida o martes
relacionada Aparece o corpo do octoxenario desaparecido en Curtis
relacionada Localizan en bo estado a muller desaparecida desde o venres en Carballeda de Valdeorras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE