A Xunta só destina "319 euros por concello" para benestar animal en 2018

|

Refugioanimales


A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber denunciaron que no proxecto de orzamentos galegos para 2018 "só" lograron detectar unha "única partida orzamentaria" de 100.000 euros baixo o título "actuacións vinculadas coa protección e o benestar de animais de compañía", o que supón unha media de "319 euros" por concello.


Nun comunicado, subliñan que a lei de benestar animal de Galicia "require un forte investimento orzamentario por parte de todas as administracións públicas", un "feito innegable e recoñecido por todas as partes en liza".


Con todo, advirten, a formulación realizada pola Xunta no proxecto de lei de orzamentos para o próximo ano "deixa coxa a parte de implicación económica autonómica".


Os animalistas sinalan que o novo articulado da lei é ambicioso en moitos aspectos e "moi necesario", como o fin do encadeamento continuado de animais domésticos, a fin das mutilacións por estética ou a prohibición de empregar colares de descargas.


Así as cousas, as entidades animalistas destacaron que a nova normativa "necesita unha maior implicación técnica, humana e económica" de todas as partes e, por iso, o Executivo autonómico debería apoiar "non só con 100.000 euros", senón que debería realizar campañas de sensibilización conxunta, accións educativas e a través da CRTVG, con contidos propios ou promocionais a favor da protección animal, tenza responsable e, mesmo, "fomentado a adopción".


relacionada PACMA presenta un plan para evacuar animais en catástrofes coma os incendios forestais
relacionada Alimentar animais abandonados e recollelos sairá moi caro
relacionada O PP aproba en solitario a lei de benestar animal que esquece os touros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress