Amigos da Terra rexeita as "mentiras" de Medio Rural sobre as críticas á súa política forestal

A conselleira quíxoas atribuír ao "rédito electoral", argumentando que "non dixeron nada ata o 30 de setembro".


|

Incendiosforestalesbrigada


A actitude da conselleira de Medio Rural ante as críticas á súa política forestal tamén está a espertar o rexeitamento das organizacións.


Amigos da Terra, a través dun comunicado, censura as declaracións de Ángeles Vázquez nas que manifestou que "de aquí en diante haberá quen queira sacar rédito electoral. O que digo é que estou á beira do colectivo, coma sempre. Pero se non dixeron nada ata o 30 de setembro, por que agora saímos con isto?".


A organización "lamenta esta actitude de enganos e mentiras, o intento de desviar a atención, non asumir responsabilidades e non buscar solucións, que as hai".


E é que Amigos da Terra argumenta que, de palabra dentro do Consello Forestal e por escrito no rexistro, solicitaron xa o 10 de xullo "a creación dunha Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais", ademais de presentar queixas e propostas ante "a falta de políticas apropiadas de prevención".


Ademais, lembran que a conselleira sempre está presente nas reunións do Consello Forestal, polo que si sabe das demandas" presentadas.


"O silencio lamentablemente sempre foi a respostas dada polos responsables políticos da Xunta", critican.


relacionada En liberdade a septuaxenaria de Mos investigada por tres incendios forestais
relacionada Apagar incendios e recuperar os danos custa cada ano centos de millóns a Galicia
relacionada Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE