Critican que as mocións de censura xa son a "carta de presentación" do PP

Ana Pontón visitou Fene para trasladar o seu apoio ao alcalde nacionalista que será desaloxado o vindeiro xoves.


|

Pontonfene


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que o presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, ten nas "mocións de censura" a súa "carta de presentación" para as próximas eleccións,


Ana Pontón compareceu este luns ante os medios en Fene, A Coruña, onde se referiu á moción de censura presentada polo PP e Somos Fene neste municipio e que será debatida o vindeiro xoves ás 12,00 horas.


Na súa intervención, a líder dos nacionalistas galegos asegurou que con esta medida busca "tapar a corrupción do PP" e "faise con pactos contra natura" xa que, segundo indicou, "non deixa de ser sorprendente que se aliaron o Partido Popular e dous tránsfugas da Marea".


APOIO O GOBERNO


Así mesmo, asegurou que a súa presenza neste municipio da comarca de Ferrolterra busca darlle "apoio" ao alcalde do Bloque, Juventino Trigo, así como ao resto de integrantes do seu goberno.


"Estamos a ver con estupor como se cociña unha moción de censura con intereses escuros co obxectivo de destruír un executivo que funciona, de portas abertas e que está a poñer en marcha unha nova forma de facer política", indicou.


Pola súa banda, Juventino Trigo (BNG) mostrou o seu agradecemento pola presenza de Ana Pontón no municipio que el rexe, así como "outras mostras de agarimo que estamos a recibir nos últimos días".


Na súa intervención, insistiu en que "non existe ningún motivo obxectivo" para a presentación desta moción de censura e asegurou que "Fene está a funcionar como non facía hai moitos anos". "Cambiamos a forma de facer política", manifestou para insistir en que foi presentada por "por intereses persoais que se mostrarán ou dirán no seu momento".


As ditas manifestacións realizáronas ambos os mandatarios políticos no barrio de San Valentín, durante unha visita realizada a uns traballos de humanización que se están executando no barrio creado a finais da década dos 60 e principios dos 70, para acoller aos traballadores, e as súas familias, de todos os operarios da antiga Astano.


relacionada A moción de censura de Fene só trata de "frear unha investigación xudicial"
relacionada PP e Somos Fene presentan unha moción de censura contra o alcalde do BNG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE