Julio Masid: "O noso primeiro obxectivo é a transferencia de coñecemento e xa o estamos conseguindo"

Cetaqua Galicia recibe o recoñecemento do Ministerio como o primeiro Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica dedicado en exclusiva á auga e ao medio ambiente.


|

Cetaqua


Cetaqua Galicia recibe o reconociminento do Ministerio de Economía e Competitividade como o primeiro Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica dedicado en exclusiva ao ciclo integral da auga e ao medio ambiente.


A finalidade deste tipo de centros, dos que hai 12 en Galicia, é a de facilitar a aplicación do coñecemento xerado. E esta función véna desenvolvendo desde a súa creación en 2011 por parte da empresa Viaqua, o CSIC e a USC, "dando solucións para a súa comercialización", grazas ao potencial de internacionalización do Grupo Suez.


Este luns presentaron nun acto en Santiago de Compostela este recoñecemento nacional, coa intervención de representantes de todas as institucións que participan en Cetaqua.


Manuel Cermerón, CEO de Suez Advanced Solutions España, destacou que "as cousas non pasan por casualidade, senón que son froito do traballo ben feito". E asegurou ver neste recoñecemento a consecuencia da súa vontade de apostar por levar o seu modelo de xestión da auga e o medio ambiente a un posicionamento baseado no coñecemento.


Pola súa banda, Julio Masid, director de Viaqua, puxo de relevo a utilidade da colaboración público-privada para deseñar solucións de futuro a través das alianzas. "Non sobra ninguén", insistiu.


Ademais, subliñou a aposta de Viaqua polo desenvolvemento de Cetaqua, con "paso decidido". "O noso primeiro obxectivo é a transferencia e isto xa o estamos conseguindo", manifestou.


E destacou que Viaqua leva o coñecemento que xera este centro á "aplicación aos problemas reais que nos estamos atopando cando estamos a xestionar día a día máis de 50 concellos galegos". Tamén destacou a necesidade de evolucionar a xestión da auga "implantando as melloras tecnolóxicas que favorezan o desenvolvemento sustentable e que impulsen o tránsito cara a un novo modelo de xestión dos recursos".


O Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, mostrouse orgulloso de ser "cómplices" desta iniciativa innovadora. A Cetaqua encargoulle "novas ideas de depuración para os asentamentos" e pensar no rural.


Por último, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou a aposta de Viaqua e Suez por este centro e por servir de vehículo para que a cadea de valor chegue ao tecido produtivo.


"Galicia ten a sorte de que unha empresa tractora teña a Galicia no seu sistema de innovación. E non é habitual", manifestou o conselleiro, agradecendo a Viaqua e Suez a súa implicación.


Ademais, sinalou que "o coñecemento non pode camiñar só" e, por iso, aplaudiu a decisión de Suez de abrir á competencia o seu máster en xestión e tecnoloxías da auga, como "exemplo da economía colaborativa".


Así mesmo, Francisco Conde puxo en valor o orzamento co que conta a Axencia Galega de Innovación (GAIN), cun aumento do 26% ata achegarse aos 80 millóns de euros, e que buscará manter a aposta pola innovación galega.


Cetaqua converteuse no oitavo centro tecnolóxico galego con acreditación estatal, de forma que Galicia é a cuarta comunidade con maior número entre os 75 existentes en España.


relacionada Viaqua comeza a recibir os relatos da cuarta edición do seu certame literario escolar
relacionada Viaqua logra reducir os enganches fraudulentos en Galicia en pleno contexto de seca
relacionada Os profesionais do futuro das redes de auga empezan a formarse en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE