Anticorrupción define a Gürtel como rede corrupta en permanente contacto co PP

Para Anticorrupción quedou probado que latrama de Correa buscaba un "enriquecemento co abuso das funcións públicas dalgúns dos acusados".


|

Correa 5



A Fiscalía Anticorrupción subliñou este luns 23 de outubro ante o tribunal da Audiencia Nacional que xulga aos 37 acusados por participar na primeira época da trama Gürtel (1999-2005) que esta rede corrupta era "unha actividade duradeira para delinquir" e apropiarse de fondos públicos a través de manter o contacto con cargos públicos do PP e o pago de comisións dun "tres ou catro por cento".


A fiscal Concepción Sabadell destacou durante a exposición do seu informe de conclusións que tras unha "ardua e complexa instrución" da causa, "e non menos complexo xuízo", quedou acreditado que a trama de corrupción levada a cabo polo Grupo Correa "non é un feito illado" e que os "feitos foron probados, contrastados".


Segundo recalcou, o propio 'xefe' da Gürtel, Francisco Correa, afirmou que a trama consistía nun "sistema" para conseguir adxudicacións públicas a cambio de pagar comisións dun "tres ou catro por cento" a altos cargos públicos. 


"Non é un feito illado, é unha actividade duradeira para delinquir", resaltou.


Trátase de conseguir "contratos públicos a cambio de subornos a funcionarios e autoridades do PP" e precisou que a través destes contactos da rede corrupta apropiáronse " de fondos públicos". 


Para Anticorrupción quedou probado que a Gürtel buscaba un "enriquecemento co abuso das funcións públicas dalgúns dos acusados".



Segue lendo máis sobre a alegación final de Anticurrupción sobre a Gürtel en Pressdigital

relacionada Un perito confirma que Correa pagou con diñeiro negro as vacacións de Ana Mato
relacionada Rajoy evita referirse á Gürtel na súa comparecencia ante o Congreso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE