O Celta planta cara ao Atlético pero cae pola mínima

(0-1). Gameiro adiantou aos de Simeone e o equipo celeste non foi capaz de remontar.


|

AtleticoceltaOs vigueses non foron capaces de remontar. Foto: RC Celta


O Celta disputou algúns dos mellores minutos nesta tempada contra o Atlético. Os de Unzué dispararon máis a porta, tiveron a posesión do balón e protagonizaron máis chegadas á área rival, pero foi o cadro branquivermello o que se adiantou no marcador.


Fíxoo tras unha ocasión de Sergi Gómez, de cabeza, que a punto estivo de sorprender a un excelente Oblak. Precisamente, o balón no tanto madrileño chegou dun mal despexe do central celeste, que caeu nas botas dun Gameiro que non fallou na área pequena.


Na segunda parte o Atlético decidiu pecharse á espera de poder sentenciar á contra. O Celta aceptou o reto en busca da remontada. Aspas tivo o empate no minuto 57 cunha falta directa na que estrelou o esférico contra o traveseiro.


A 15 minutos para o asubío final Unzué deu entrada a todos os seus efectivos ofensivos. Guidetti e Emre Mor, dous dianteiros, entraron polo centrocampista Wass e o defensa Cabral.


Aínda que os vigueses botaron o resto polo empate, o gol non chegou.


FICHA TÉCNICA


0. CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Emre Mor, min.72), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Guidetti, min.72), Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Maxi Gómez.


1. ATLÉTICO: Oblak, Juanfran, Savic, Godín, Lucas, Thomas, Gabi (Giménez, min.65), Saúl, Correa (Filipe Luís, min.87), Gameiro (Gaitán, min.60), Griezmann.


Goles: Gameiro (0-1, min.28).


relacionada O Concello pecha a bancada de Río de Balaídos por seguridade
relacionada O Celta gaña case 17 millóns por chegar á semifinal da Europa League

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE