O misterio da orixe de Cristóbal Colón pode quedar resolto dentro dun ano


Un experto cotexará os restos do personaxe histórico coas distintas teorías, entre elas a galega


|

Cristobalcolon



O profesor José Antonio Lorente, director do Laboratorio de Xenética Forense da Universidade de Granada, manifestou a súa confianza en que no ano 2018 conclúa o estudo que leva a cabo sobre a orixe de Cristóbal Colón e se poida establecer "de maneira definitiva" a mesma co fin de que se resolva o misterio ao redor da procedencia do almirante xa que, ademais da teoría italiana, hai ata cinco teses sobre a súa posible orixe.


Neste sentido, Lorente sostivo que a tecnoloxía actual permite "afrontar a análise definitiva" dos restos de Colón, o seu fillo e irmán ao cotexarlos cos restos dos seus posibles antepasados, segundo as distintas teorías.


A orixe de Colón xera un verdadeiro misterio ao seu ao redor xa que hai distintas teses, como a relativa á súa orixe mallorquina, galega, alcardeña (Guadalaxara) e mesmo dúas máis sobre a súa procedencia portuguesa e a súa vinculación á familia real lusa. Todas estas, ademais, da teoría italiana.


Ante isto, Lorente explicou que van estudar as mostras ao longo deste ano e 2018 para tentar establecer algún dato que poida confirmar as diferentes hipóteses que hai sobre a orixe de Colón.


Se finalmente, ningún resto destas teorías coincide coa xenética dos restos de Colón, pois prevalecerá a italiana, aínda que lembrou que en Italia non hai restos de familiares directos aos que recorrer para facer o cotejo.


relacionada Era Cristobal Colón galego?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE