Profesionais e afeccionados do baile tradicional reúnense para impulsar a actividad
Lugo acolle este domingo as IV Xornadas de baile tradicional que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos.
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este domingo en Lugo as IV Xornadas sobre baile tradicional co obxectivo de habilitar un espazo no que poñer en común os principios básicos desta actividade en Galicia.
Esta iniciativa está pensada tanto para os profesionais da danza como para todos os interesados no baile galego, para que poidan contemplar os seus coñecementos e participar de forma activa na mellora e dinamización da tradición galega.
Nestas xornadas, que acolle a Tradescola, participan estudiosos de prestixio dentro da cultura tradicional como Carlos Xosé Vidal, Olga Kirk ou Francisco Feijóo.
Estes profesionais serán os encargados de mostrar aos participantes algúns dos bailes máis característicos da tradición galega.
Escribe o teu comentario