"Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo"
O alcalde da Coruña ve unha "boa noticia" o acordo con Adif e a Xunta sobre a intermodal.
Xulio Ferreiro cualificou de "boa noticia" o resultado da reunión deste mércores con Adif e a Consellería de Infraestruturas sobre o proxecto da estación intermodal.
A preguntas dos xornalistas, asegurou que con Adif está "todo canalizado", mentres que coa Xunta afirmou que tamén está todo "ben". "Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo".
"Podíase aceptar en abril e avanzar en máis solucións que teñen que ver co encaixe da estación de autobuses coa do ferrocarril ou o encaixe dos buses interurbanos", expuxo a colación.
Con todo, congratulouse polos avances logrados na reunión. Tamén precisou que non se empeza "de cero" no proxecto básico", aínda que admitiu que a Xunta terá que "refacelo".
Escribe o teu comentario