Os policías que desaloxaron Chandebrito describen o "pánico brutal" daquel "inferno"

Relatan como se viron atrapados polo lume e expresan o seu pesar polo falecemento das dúas mulleres: "Dóenos, é o que máis nos doe".


|

Chandebritonigran

Así quedou un das marxes da estrada.


Axentes de Policía Nacional que actuaron na parroquia de Chandebrito, en Nigrán, durante os incendios do domingo, describen unha situación de "pánico brutal", con "coches envoltos en chamas" e sen ningunha vía de evacuación practicable; e aínda que velaron pola seguridade propia e de veciños, apuntan que "o que máis doe é perder vidas".


En declaracións a Europa Press, o subinspector Gabriel, responsable das oito dotacións que acudiron a Chandebrito --compostas por efectivos libres de servizo--, e o axente Marcos, que participou no dispositivo, explicaron os duros momentos que viviron tanto os policías como os veciños desta parroquia, á que acudiron tras coñecer que a situación empezaba "a ser grave".


O subinspector, que lembrou que, aínda que Nigrán é limítrofe con Vigo, non está na súa demarcación e non coñecen a zona, apuntou que cando chegaron ao lugar viron que estaba "completamente rodeado de masa forestal", polo que, ante os ventos fortes que "facían prever o peor", empezaron a desaloxar as vivendas máis próximas ás chamas.


En relación cos desaloxos, agradeceu a colaboración de xente nova, veciños de Chandebrito pero tamén doutras zonas, e puxo en relevo que se tratou dunha tarefa complicada debido ao alto índice de persoas maiores e con mobilidade reducida que viven alí, así como pola dificultade para "deixar atrás toda a súa vida" para ser desaloxados.


Cando levaban case dúas horas desaloxando, indicou, a situación "empeorou" e viron que as chamas rodeaban o poboado. Así, comprobaron posibles vías de escape, empezando pola estrada pola que accederan, polo Monte Alba, pero descubriron que chamas de "máis de 20 metros de altura" impedían a súa saída por alí: "Esperaramos demasiado" para evacuar.


Acto seguido, o subinspector viu un todoterreo con axentes forestais, que lle indicaron que o acceso de Fragoselo estaba "totalmente impracticable", polo que "a única vía por explorar era a estrada de Camos". Foi así como unha avanzada con estes bombeiros e tres dotacións policiais se meteron por esa estrada, mentres os demais agardaban para saber se a estrada era viable.


A AVANZADA


Segundo explicou, cando levaban ao redor dun quilómetro baixando por esa estrada --que tiñan que percorrer a unha velocidade moi baixa, para evitar saír da vía--, "a visibilidade era escasa pero podíase baixar", polo que chamou polo equipo de telecomunicacións ás dotacións agrupadas para darlles luz verde.


Con todo, rapidamente "a situación volveu cambiar" e atopáronse "nun túnel de chamas", con lume aos dous lados da estrada e pavesas e follas ardendo que "voaban e impedían ver a estrada". Ademais, os vehículos "empezaron a resentirse" e deulles "medo" que non respondesen e "pasase o peor".


Por iso, decidiu volver contactar coas cinco dotacións policiais e indicoulles que retrocedesen: "É un inferno e non imos poder saír". Mentres estas retrocedían, á avanzada non lle quedou "máis opción" que seguir cara a adiante, pois tamén empezaron a caer ramas e árbores por onde pasaran. "A única saída era ir cara adiante", remachou.


VOLTA AO 'INFERNO'


As cinco dotacións que quedaran na retagarda, así como os veciños que se sumaron cos seus vehículos ao convoi, recibiron o aviso despois de percorrer un quilómetro, que se fixo "moi longo", polo que tiveron que facer "bruscamente un cambio de sentido nunha vía moi estreita" e atopáronse coun "embotellamento", explicou o axente Marcos.


"A situación era dantesca, de pánico brutal: Coches envoltos en chamas, o lume entraba en horizontal por baixo polos refachos de vento, as temperaturas dos paneis marcaban case 100 graos...", manifestou. Nese marco, indicou que un vehículo policial logrou "ir abrindo vía", con sinais acústicos para que a xente reaccionase, xa que "saír do vehículo sería vital".


Entón, emprendeuse o regreso, "caótico" e amodo, posto que a vía é sinuosa, había baixa visibilidade, coas chamas perdeuse a liña da estrada e a percepción da contorna "por completo", e os pneumáticos empezaban a arder. "Se había unha saída de vía, a situación era vital", insistiu.


A pesar de que tiveron "moitísima dificultade", chegaron ao alto do poboado e establecéronse en "unha zona con nula visibilidade e moito fume" que, sen ser coñecedores do terreo, consideraron a máis segura. "Criamos que si, e ao cabo foi así, pero seguiamos en perigo inminente, as cinzas incendiaban sitios próximos e tivemos que seguir evacuando a xente", apostilou.


HORAS "ETERNAS"


Durante dúas horas, que "se fixeron eternas", aguantaron osixenándose "dentro dos vehículos de cando en vez para poder respirar", aínda que comezaron a sufrir síntomas de intoxicación --mareos, náuseas...-- pola exposición prolongada ao fume.


Con todo, sobre as 22,00 horas logrou subir "con moitísimo perigo" o inspector de incidencias e ademais empezaron a respirar mellor "grazas ao vento, que ao principio ía en contra pero nese momento axudaba porque abría bolsas de aire". A pesar da melloría na situación, ata as 00,30 horas "ninguén puido acceder" e eles non puideron saír da zona.


Unha vez que houbo unha vía apta para saír, manifestou que deron unha volta polo pobo e avisaron aos veciños de que ían proceder á evacuación, polo que particulares acompañáronos pola estrada, que aínda que "seguía sendo perigosa" xa non era "totalmente impracticable.


FALECIDAS


Cuestionado por se as dúas mulleres que faleceron nunha furgoneta atrapadas polas chamas ían no convoi que pola tarde tentou escapar do lugar e tivo que regresar, o axente considerou que "puido ocorrer así", xa que cando os efectivos policiais tentaron saír, moitos veciños "con total raciocinio" e lóxica, sumáronse a eles.


En todo caso, en relación con isto, fixo fincapé en que os axentes velaron tanto pola súa seguridade como pola dos civís, "pero as condicións de visibilidade impedían que o --controlasen-- todo".


"A Policía Nacional acode alí para salvar vidas, esquecéndonos de nosa propia integridade e antepoñendo a dos veciños, e o que máis nos doe é perder esas vidas", incidiu, antes de trasladar que lamentan "moitísimo" o falecemento das dúas mulleres. "Dóenos, é o que máis nos doe", rematou.


relacionada Un único incendio pendente de extinguir en toda Galicia dos iniciados a fin de semana
relacionada Medio Rural anuncia agora un Plan Forestal que leva catro meses "oculto nos despachos"
relacionada O xuíz decreta prisión sen fianza para o detido polo incendio do domingo nos Blancos
relacionada Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE