Un único incendio pendente de extinguir en toda Galicia dos iniciados a fin de semana

Afecta ao municipio lugués de Cervantes. Durante este xoves puideron acabar de apagarse outros 15.


|

Descargahidroavion



Todos os incendios que afectaron a Galicia nos últimos días están extinguidos menos un no municipio lugués de Cervantes --parroquia de Noceda--, que se atopa controlado.


Así figura no último parte de incendios da Xunta --no que só informa de lumes de máis de 20 hectáreas--, con datos actualizados despis do mediodía.


Os últimos incendios extinguidos son 13 na provincia de Pontevedra --Ponteareas (3), Mondariz, As Neves, Mos, Baiona, A Guarda, Nigrán, Gondomar, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Fornelos de Montes-- e dous en Lugo --Monforte e outro en Cervantes--.



A vaga de incendios da pasado fin de semana en Galicia arrasou cunhas 35.500 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Xunta.


Esta cifra supón máis que o queimado entre os anos 2014, 2015 e 2016 xuntos.


Ás 35.500 hectáreas da fin de semana hai que sumar as 12.600 hectáreas que arderon ata ese momento no que vai de ano, o que ofrece un total de 48.100 queimadas en 2017.


relacionada Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos
relacionada Medio Rural anuncia agora un Plan Forestal que leva catro meses "oculto nos despachos"
relacionada A vaga de incendios de outubro demostra o "erro" de centrar os esforzos na extinción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE