Puigdemont responde a Rajoy ameazando con declarar a independencia diferida
Reprocha que a aplicación do artigo 155 "indica que non se é consciente do problema".
Carles Puigdemont respondeu este xoves o requirimento do Goberno central reiterando a súa oferta de diálogo sobre Cataluña e expoñendo a posibilidade de que se declare a independencia: "O Parlament poderá proceder a votar a declaración formal da independencia que non votou o 10 de outubro".
Esta é a resposta que deu ao segundo prazo para responder se declarou ou non a independencia a semana pasada, e este prazo expiraba este mesmo xoves ás 10 horas.
"Propuxen deixar en suspenso os efectos daquel mandato popular para propiciar o diálogo que de maneira reiterada nos fixeron chegar, a vostede e a min, institucións e dirixentes políticos e sociais de toda Europa e o resto do mundo. Neste sentido, na miña carta do luns, propúxenlle celebrar unha reunión que aínda non foi atendida.
(...)
A pesar de todos estes esforzos e a nosa vontade de diálogo, que a única resposta sexa a suspensión da autonomía, indica que non se é consciente do problema e que non se quere falar."
O requirimento é un paso previo a que o Goberno central poida aplicar o artigo 155 da Constitución e suspender así a autonomía de Cataluña.
Podes ler a carta completa na información de Catalunyapress.
Escribe o teu comentario