O xuíz decreta prisión sen fianza para o detido polo incendio do domingo nos Blancos

Atribúeselle a autoría dun incendio forestal por unha imprudencia nunha parcela propiedade da súa familia.


|

Guardiacivilfurgon 1




O xulgado de Xinzo de Limia ditou prisión provisional comunicada sen fianza para o detido por ser o presunto autor dun delito de incendio forestal de especial gravidade, tras causar un lume de 1 hectárea próximo a casas o domingo nos Blancos, por unha imprudencia durante unha queima na súa parcela familiar.


En concreto, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home, veciño de Vigo de 55 anos, é investigado en relación aos artigos 352 e 353 do Código penal.


O primeiro deles establece que os que incendien montes ou masas forestais "serán castigados coas penas de prisión de un a cinco anos e multa de doce a dezaoito meses". E engade que "se existiu perigo para a vida ou integridade física das persoas castigarase impoñéndose, en todo caso, a pena de multa de doce a vinte e catro meses".


O artigo 353 recolle a circunstancia de que "o incendio sexa provocado nun momento no que as condicións climatolóxicas ou do terreo incrementen de forma relevante o risco de propagación do mesmo", como foi o caso.


DETENCIÓN


M.A.M.N. foi detido na mañá do mércores pola Garda Civil e pasou a noite nos calabozos do cuartel de Ourense. Pasou a disposición xudicial ás 9,35 horas no medio dunha gran expectación mediática, pero sen a presenza de cidadáns.



relacionada A vaga de incendios monopoliza o debate no Parlamento e provoca enfrontamentos
relacionada A Fiscalía ve "indicios dunha planificación coordinada" para plantar lume a fin de semana
relacionada Primeiro detido como presunto incendiario despois da vaga de lumes do domingo
relacionada Os incendios da fin de semana arrasaron máis que en todo 2014, 2015 e 2016 xuntos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE