PACMA presenta un plan para evacuar animais en catástrofes coma os incendios forestais

A non existencia dun protocolo para a evacuación de vivendas, tendo en conta os animais, "pon en risco" tamén a vida das persoas.


|

Maltratoanimal


O Partido Animalista Contra os Malos tratos Animais (PACMA) realizará o mércores 18 de outubro un acto ante o Ministerios do Interior para presentar un plan para evacuar animais en catástrofes coma os incendios de Galicia, segundo informou a organización.


O plan propón que se obrigue á adecuación de espazos para animais evacuados; á formación de particulares para os desaloxos cos seus animais; á creación de vías de escape para animais salvaxes en liberdade; ou ao deseño de simulacros de evacuación en zoolóxicos e outros núcleos que alberguen animais.


PACMA advirte de que en España os servizos de emerxencias non manexan protocolos para a evacuación de animais en catástrofes, polo que en "moitos casos" os animais salvaxes vense atrapados por valados e obstáculos que lles impiden a fuxida e os que viven encerrados en granxas ou atados en leiras non teñen "ningunha posibilidade" de fuxida e na maioría dos casos tamén falecen.


Ademais, asegura que a non existencia dun protocolo para a evacuación de vivendas, tendo en conta os animais que tamén viven nelas, "pon en risco" a vida das persoas que non están dispostas a abandonalos.


Para PACMA, é "imprescindible" que se establezan plans para a evacuación nestas situacións, co obxectivo de evitar traxedias como as vividas esta semana en Galicia, cando un home faleceu en Carballeda de Avia tratando de rescatar os seus animais.


Por iso, reclaman a "necesidade" de que se implanten estas medidas, non só para salvagardar a vida dos miles de animais afectados, senón para non continuar poñendo en perigo as das persoas que tentan rescatalos en incendios, inundacións ou situacións similares.


relacionada As vivendas queimadas e a reforestación, prioridades para superar esta vaga de incendios
relacionada Animalistas denuncian o mantemento "paralegal" da tauromaquia en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE