A Fundación Blanco Amor ponse en marcha coa conservación da súa biblioteca

Impulsará a promoción e tradución da obra do escritor ourensán.


|

Blancoamor



A Fundación Blanco Amor iniciará as súas actividades coa catalogación e conservación da biblioteca e o arquivo documental do escritor, que se conservan na Deputación de Ourense.


Así o confirmaron fontes do ente provincial con motivo da constitución este martes da Fundación, unha entidade que nace co obxectivo de conservar e difundir a obra do autor de 'A Esmorga'.


O acto, que tivo lugar nas instalacións do Liceo de Ourense, contou coa presenza do presidente da Deputación e máximo responsable da Fundación, Manuel Baltar, así como dos patróns da entidade e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.


A Fundación impulsará a promoción e tradución da obra do escritor ourensán; así como a investigación, catalogación e conservación do arquivo documental que se conserva de Blanco Amor.


Entre os seus obxectivos tamén destaca a realización de actividades culturles e de dinamización sociocultural de calquera tema relacionado con Eduardo Blanco Amor en Ourense, Galicia, España e nos países de Sudamérica nos que residiu o escritor.


Esta preocupación por manter vivo o legado do autor de 'A Esmorga' ou 'Xente ao Lonxe' tamén se incentivará a través de diversas actividades en sectores vinculados ao escritor como a literatura, o xornalismo, a lingua galega, a fotografía ou os estudos realizados tanto polo autor galego como polos investigadores da súa obra.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE