As chamas deixan sen herba para afrontar o inverno a gandeiros de Chandrexa

"Podería obrigar a algúns produtores a vender os seus animais" porque se suma á situación de seca.


|

Campotractores


As chamas quedaron a apenas 50 metros das casas en Chaveán, no municipio de Chandrexa de Queixa, onde os maiores danos sufríronos os gandeiros que viron arder as balas de herba coas que esperaban alimentar o gando este inverno.


O alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez, confirmou que o incendio, un dos cinco que Medio Rural cualificou este luns como de nivel dous na provincia de Ourense, quedou controlada ao redor das dez da mañá.


O alcalde confirmou que non se produciron danos persoais nin materiais, pero que "arderon numerosas rodas de herba coa que os gandeiros esperaban afrontar o inverno".


Por este motivo anunciou que se reunirá cos representantes de Medio Rural para "buscar axudas" para o sector, "duramente castigado pola seca" e que agora "quedou sen pastos e sen reservas para o gando, o que podería obrigar a algúns produtores a vender os seus animais".


relacionada Unha gandeira de Viana denuncia por carta o abandono da montaña oriental ourensá
relacionada Gandeiros e medios de extinción, obrigados a compartir depósitos de auga en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE