Remata unha nova fase de limpeza no asentamento da Pasaxe

O Concello da Coruña retirou outras 492 toneladas de residuos e derrubou outras dúas chabolas.


|

PasaxecorunaOs concelleiros Xiao Varela e María García, nunha fase anterior.


O Concello da Coruña completa unha nova fase de limpeza na Pasaxe coa retirada de 492 toneladas de residuos e o derrubamento de dúas construcións.


O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, subliñou o traballo que o goberno local realiza coas persoas residentes neste asentamento, que permitiu dar solucións habitacionais a 11 familias, tal e como indicou o Concello herculino nun comunicado.


Con esta actuación finaliza a terceira intervención da Concellería de Medio Ambiente en materia de xestión de residuos neste asentamento, no que levan recollidas 5.332 toneladas.


relacionada A Coruña traza un plan para erradicar as infravivendas da Pasaxe
relacionada O concello da Coruña paga alugueres en Arteixo a chabolistas realoxados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE