Silva reclama a Rueda que explique se comprou desde a Xunta a moción de censura en Tui

Pide que explique as "contraprestacións" que anunciou o que será previsiblemente novo alcalde.


|

Silvarueda


A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, volveu criticar a presentación dunha moción de censura para desbancar o alcalde de Tui e a sinalar ao vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, como "a man que arrola o berce" detrás desta iniciativa.


Segundo incidiu Silva, Rueda é quen está detrás "de todas as mocións de censura na provincia de Pontevedra" e é "o peor herdeiro do anterior presidente da Deputación, Rafael Louzán (que tamén era presidente provincial dos 'populares' de Pontevedra)".


No caso concreto de Tui, segundo lembrou, o que será previsiblemente novo alcalde e é un dos asinantes da censura, Carlos Padín, recoñeceu que había un acordo asinado para que a Xunta realizase investimentos nesta localidade, polo que Silva esixiu a Rueda explicacións sobre estas "contraprestacións".


Carmela Silva lamentou que a moción vaia desbancar a un goberno local que "funcionaba extraordinariamente ben", e que puxo fin á "política vergoñosa, arbitraria, escura e sen proxecto".


A presidenta da Deputación precisou que, aínda que a moción de censura é un instrumento legal, "todas as que puxo en marcha Alfonso Rueda son ilexítimas e carroñeras", e incidiu en que a suposta existencia dun documento de "contraprestacións" pode ser "un delito ou case un delito" e, en todo caso, "unha vergoña política incalificable".


Finalmente, asegurou sentirse "avergoñada" dun vicepresidente da Xunta que acorda mocións de censura "nos seus despachos", en lugar de políticas "que melloren a vida da xente". "Pero que saiba que Tui volverá ser gobernada por un socialista que demostrou ser un gran alcalde, que saiba que non van recuperar o goberno da Deputación, que o teñen perdido por máis mocións de censura que faga, acordadas nos despachos", sentenciou.


relacionada Villares: "O PP usa os orzamentos da Xunta para traficar coas alcaldías de Pontevedra"
relacionada A dereita de Tui presenta unha moción de censura contra o alcalde

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE