Os ecos dos pelotazos urbanísticos resoan nun proxecto de campo de golf en Baiona

Adega critica o consumo de auga necesario para a instalación e o "arsenal químico" para mantelo.



|

Golf


A asociación ecoloxista Adega denuncia un "proxecto milagre" que pretende construírse en Baiona, coa promoción do concello, e que lle lembra á burbulla inmobiliaria do levante español.


E é que o 'complexo deportivo' proxectado inclúe un campo de golf de case 70 hectáreas en plena Serra da Groba que custaría máis de 14 millóns e demandaría "tanta auga coma a consumida polos veciños".


Adega relaciona os antecendentes de campos de golf co desenvolvemento urbanístico e a "escusa para especular cos prezos das vivendas, manobra tras a que non poucas veces se agocha a corrupción".


A asociación ecoloxista alerta do impacto ambiental dun campo de golf coma o que se pretende instalar. Así, calculan que as súas necesidades de auga "multiplican por cinco o máximo permitido polo vixente Plano Hidrolóxico para o uso recreativo", en pleno contexto de seca.


Ademais, lembran o "uso intensivo de agrotóxicos" para manter a instalación, que pasarían aos numerosos mananciais. Un "arsenal químico" que ameaza moi seriamente a potabilidade deste recurso vital.


Adega, por tanto, rexeita "este tipo de aventuras especulativas", ao constatar outro "exemplo de proxecto agresivo e insustentable no que os recursos públicos (auga, chan, paisaxe e patrimonio) se enaxenan e degradan para favorecer o negocio privado".


relacionada ADEGA critica os "parches" no "fracasado" modelo de Sogama
relacionada Feijóo fai legal o ilegal e provoca un "efecto chamada" a plantar eucaliptos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE