O Chuac divulga as manobras de reanimación cardiopulmonar que salvan vidas

O Hospital celebra o luns unha xornada con demostracións sobre esta técnica que debe coñecer a poboación.


|

Reanimacioncardiopulmonar


O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) celebrará o luns unha xornada para informar sobre a reanimación cardiopulmonar, con motivo do Día Europeo dirixido a informar das técnicas que poden salvar vidas en caso de parada cardíaca.


Segundo informa o centro hospitalario, a xornada, que comezará ás 11,30 horas, está organizada polo Servizo de Coidados Intensivos do Chuac. No vestíbulo da entrada do novo edificio do hospital, realizarase un acto de divulgación da resucitación cardiopulmonar.


Nela, explicarase ás persoas interesadas en que consiste esta técnica a través de bonecos cos que se realizará a demostración.


Segundo o Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar, estas técnicas poden elevar as taxas de supervivencia un 40 por cento tras unha parada cardíaca.


relacionada O Parlamento de Galicia forma a 'cardio anxos' ao ritmo da 'Macarena'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE