Denuncian "o uso e o abuso por parte de Ence do caudal do Río Lérez"

O Concello de Pontevedra pide medidas á Xunta para obrigar á pasteira para reducir o consumo de auga ante a seca.


|

LoreslerezenceFernández Lores, alcalde de Pontevedra.

O goberno local de Pontevedra decidiu este venres que se dirixirá oficialmente á Xunta de Galicia para que adopte as medidas oportunas e obrigue a Ence a reducir o consumo ou, se persiste a situación de seca, deixar de captar do Río Lérez.


O portavoz do goberno local, Raimundo González, declarouse "perplexo" coas oscilacións que está a sufrir o nivel de auga do Río Lérez, que atribúe ao consumo por parte do centro de operacións de Ence en Lourizán.


Raimundo González lembrou este venres que as alarmas saltaron a pasada fin de semana, cando os servizos técnicos detectaron, a través das estatísticas facilitadas pola Xunta de Galicia, que o nivel do Lérez baixara a 1,9 metros cúbicos por segundo. Tras dar a alerta, en cuestión de días, recuperouse o caudal e o martes xa estaba en 4,4, pero volveu reducirse.


Así, o mércores 11 xa estaba en 2,4 metros cúbicos por segundo e este xoves baixou aos 1,89, medida que obrigou a volver captar auga da reserva do encoro do Pontillón do Castro. Este venres, "milagrosamente", dixo, volveu subir o nivel e Pontevedra e a súa comarca poden captar auga de novo directamente do río.


Ante tales subidas e baixadas, González valora que "realmente é un escándalo o uso e o abuso por parte de Ence do caudal do Río Lérez", por iso é polo que se decidiu pedir á Xunta que se implique para poñer fin á situación, pois é a administración competente da conca hidrográfica de Galicia-Costa á que pertence.


A petición inicial é que Ence "reduza o consumo" en momentos como o actual de seca e, "se a situación persiste, que deixe de captar auga", pois a "prioridade" debe ser que os cidadáns de Pontevedra, Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e Ponte Caldelas poidan dispoñer de auga, "que é un elemento necesario para a vida das persoas".


"Que se deixe de malgastar auga", pediu Raimundo González, que insiste en que "non é normal" que o nivel do río se reduza en dous días máis de 200.000 metros cúbicos, pois trátase dunha cantidade que implica sete veces o que consomen os cidadáns de Pontevedra e a súa contorna.


A principios desta semana, cando o Concello deu a primeira voz de alarma sobre a situación, Ence negou que fose responsabilidade da empresa, asegurando que a captación de auga fora a mesma que noutras ocasións e que a variación da canle non gardaba relación coa súa factoría de Lourizán.


Augas de Galicia xa ordenou a Ence en 2006 reducir o consumo de auga por poñer en perigo o abastecemento á poboación. A Xunta respondeu naquel momento a unha petición expresa do Concello de Pontevedra.


relacionada Lores: "Se somos capaces de facer marchar a Ence, Pontevedra estoura e sería o paraíso"
relacionada Marcha en Pontevedra para precipitar a caída de Elnosa e o arrastre de Ence

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE