O concello ten preparada a vía xudicial para recuperar as estatuas

Noriega asume que a familia Franco non devolverá as pezas do Pórtico a pesar da petición.


|

ExpedienteesculturasmestremateoExpediente que demostra a propiedade das esculturas.


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou este venres que o Concello traballa nunha estratexia para seguir no caso de que a familia Franco non devolva as estatuas da Catedral de Santiago.


Tal e como lembrou o rexedor compostelán na rolda de prensa tras a xunta de goberno local, a familia Franco ten de prazo ata este luns 16 de outubro para devolver as dúas estatuas do Mestre Mateo que están no seu poder.


Ata o momento, o Concello de Santiago estivo certificando toda a documentación atopada nos arquivos da Universidade, pois toda a documentación municipal anterior a 1960, precisou o alcalde, figura nestes arquivos.


De igual modo, engadiu, o Consistorio está a traballar na identificación das pezas e na estratexia a seguir no caso de que a familia Franco non devolva as estatuas, cousa que o alcalde sospeita que non fará.


Se non as devolve, o rexedor asegurou que se podería iniciar o proceso xudicial a semana que vén.


MONTE DO GOZO


Preguntado polo feito de que a Xunta tivo que declarar deserto o concurso para a explotación do Monte do Gozo, ao non presentarse ningunha empresa á licitación aberta, o alcalde de Santiago limitouse a dicir que "algunhas veces é imputable ás condicións do prego e outras á situación do mercado".


"Cónstanos que, desde Turismo, se fai un esforzo por revitalizar a zona", subliñou o rexedor, quen espera que "se reconduza a situación polo ben da cidade" e que a revitalización do Monte do Gozo "acabe sendo unha realidade".


relacionada Noriega: "Cos que rouban patrimonio non se pode negociar"
relacionada Ultimato para que os Franco devolvan as estatuas do Mestre Mateo
relacionada As esculturas de Abraham e Isaac pertencen "aos veciños de Santiago"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE