O Goberno augura unha recesión en Cataluña que afectará á economía española

A vicepresidenta avisa que Puigdemont está ante "a oportunidade máis importante" para volver á legalidade.


|

SantamariamontoroMontoro presentou un informe que avala a previsión.

Soraya Sáenz de Santamaría alertou de que se están creando "todas as condicións para sumir a Cataluña nunha aguda desaceleración, mesmo nunha recesión económica". Por iso, dixo que é tempo de recuperar a normalidade institucional poñendo fin á "inestabilidade" e ofreceu a Puigdemont, abrir un diálogo no Congreso dos Deputados.


"Se non houbese unha pronta solución a este asunto deberiámonos ver obrigados a unha baixada das expectativas de crecemento económico para 2018", advertiu a vicepresidenta.


Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Sáenz de Santamaría explicou que se Puigdemont ten "vontade política", ten a vía para "regresar ao marco constitucional de convivencia e ao sistema democrático de dereito".


Dito isto, subliñou que o requirimento a Puigdemont é "a oportunidade máis importante que ten e tena inmediatamente".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Juncker rexeita a independencia de Cataluña e renega do papel de mediador
relacionada A CUP esixe a Puigdemont a independencia mentres Europa reclama diálogo dentro da lei

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE