O furacán Ophelia sepárase de Galicia e chegará unicamente como un temporal no mar

Os últimos prognósticos sobre a súa traxectoria acougan as alertas. Tras a borrasca chegan, por fin, as chuvias.


|

Oleajetemporalparaguas


O furacán situado no suroeste das Illas Azores e denominado 'Ophelia' chegará a Galicia na madrugada do domingo ao luns debilitado e en forma de borrasca, o que causará un temporal no mar principalmente, que pode afectar a localidades costeiras.


María Souto, de Meteogalicia, explicou que os últimos prognósticos indican que a traxectoria de 'Ophelia' se separa de Galicia e á Comunidade galega afectaralle previsiblemente no mar unicamente.


Así, Meteogalicia avisa de que "vai haber cambio de tempo" do domingo ao luns, tras unha fin de semana de calor. Neste sentido, María Souto recalca que "o luns vai chover" na maior parte de Galicia, salvo quizais o leste das provincias de Lugo e Ourense.


Opheliaprevision

Previsión da traxectoria de Ophelia.

En concreto, para a noite do domingo ao luns espérase un descenso de temperaturas e un aumento da velocidade do vento, ademais de choiva na maior parte de Galicia. No mar prevese un temporal co paso de 'Ophelia' en forma de borrasca, con ondas de máis de catro metros de altura.


En terra, en especial en localidades costeiras e zonas altas, espéranse ventos que poden deixar refachos de "70-80-90 quilómetros por horas", precisa Meteogalicia. Deste xeito, en terra este luns prevense "unhas horas de vento e choiva intenso no mar e localidades da costa".


"Non vai ser un furacán, senón un temporal no mar e en terra unhas horas de vento intenso en localidades costeiras e zonas altas", recalcou.


relacionada A Aemet avisa a Galicia polo forte vento que trae o furacán Ophelia
relacionada O furacán Ophelia chegará a Galicia esta fin de semana, aínda que debilitado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE